Plataforma STOP Planta de Residuos — Cacheiras — Aldeas Limpas

Asóciate á Plataforma

Cobre a ficha de socio/a, asina dixitalmente e xera o PDF. Despois envíao por correo á asociación. Lévache dous minutos.

  • Forza colectiva

    Cada nova socia ou socio reforza a oposición ante as administracións e institucións públicas competentes.

  • Acción legal organizada

    A asociación pode actuar formalmente nos expedientes administrativos.

  • Cota asociada/o

    Cota individual: 30 €/ano · Cota familiar: 50 €/ano.

  • Defensa do territorio

    Defendemos a saúde, o patrimonio e o futuro das aldeas de Teo.

Ficha de socio/a

Datos para a asociación

Todos os campos son obrigados. A ficha xérase en PDF no teu propio navegador: ningún dato sae do teu equipo ata que ti decidas envialo por correo.

Cargando o formulario…

Información básica sobre protección de datos

En cumprimento do Regulamento Xeral de Protección de Datos (UE) 2016/679 e da Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, infórmase de que os datos persoais que facilites serán tratados pola Asociación Plataforma STOP Planta de Residuos en Cacheiras — Aldeas Limpas coa finalidade de xestionar a relación asociativa e remitirche comunicacións vinculadas á actividade da plataforma. A base xurídica do tratamento é o teu consentimento expreso. Os datos conservaranse mentres se manteña a vinculación coa entidade ou ata que solicites a súa supresión, e non se cederán a terceiros agás obrigación legal. Podes exercer en calquera momento os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade dirixindo a túa solicitude ao correo electrónico facilitado pola plataforma. No caso de considerar vulnerados os teus dereitos, podes presentar reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.